Descobre GastrotecaSCQ

GastrotecaSCQ é o punto de encontro dos amantes dos produtos galegos, da gastronomía e das experiencias. É un novo espazo pensado para que goces unha auténtica viaxe pola esencia de Galicia; sabores, olores, sensacións …

Buscamos, seleccionamos e poñemos en valor produtos galegos, facémolo en base á súa calidade, á denominación de orixe, e aos detalles da súa produción, dos seus produtores ou produtoras,é dicir,  da súa historia;  para que cada produto que achegamos á túa mesa sexa un auténtico agasallo para os sentidos.

En GastrotecaSCQ atoparás produtos a medida para cada día e para ocasión, agasallos con identidade cargados de sabor, para crear momentos inesquecibles. Todo isto  en liña, sen horarios, cómodo e dinámico: a túa compra en 24/48 hrs na túa casa - ou na casa de quen ti queiras- ou tamén na nosa tenda a pé de rúa, no Preguntoiro número 34,  en Santiago de Compostela.

 

GASTROEXPERIENCIAS, ¿Queres arrasar un GIN CORNER GALEGO na próxima celebración?, ¿Gústache a cultura ecolóxica e queres saber máis?, ¿Non sabes que facer cunhas boas algas?, ¿Tócache levar o viño á cea de hoxe e tes un dilema? en GASTROTECASCQ celebramos regularmente presentacións, obradoiros e catas de produtos galegos, ademais de pasar un bo intre saes con novas ideas e ferramentas, ¡pensado para auténticos Galego Gourmets! 

Si tes un establecemento de hostalería e queres “darlle unha volta”, consulta ao noso experto, asesorarache na elaboración das túas cartas, propoñerache maridaxes innovadores, ideas diverxentes e xuntos poderedes deseñar  unha nova oferta irresistible para o teu establecemento.